As clases
Escolle a clase que mellor se adapta a ti
Descobre os meus servizos personalizados de Pilates diseñados para coidar de ti, con atención cercana e resultados efectivos.

Clases grupais
Sesións en grupos reducidos onde se traballa de forma segura e controlada. Ideal para mellorar a forza, flexibilidade e postura nun ambiente dinámico e motivador.
Máximo 12 alumnxs
55 min de clase, 2 veces á semana
Prezo: 62€/mes
Opción de facer clases soltas: 1 clase 15€, bono de 5 clases 60€ (sempre suxeito a dispoñibilidade de prazas)
Clases privadas ou Pilates dúo
Un acompañamento totalmente individualizado, adaptado ás túas necesidades, obxectivos ou condicións específicas (escoliose, diástase abdominal…). Perfectas para comezar, recuperar lesións ou profundizar na técnica.
55 min de clase
1 ou 2 alumnxs
Horario a acordar entre alumnx e profesora
Prezos | Clases privadas | Pilates dúo (prezo por persona) |
1 clase | 40€ | 23€ |
3 clases | 115€ | 65€ |
6 clases | 210€ | 120€ |


Pilates embarazo e posparto
Clases deseñadas para acompañar cada etapa da maternidade, fortalecendo o chan pélvico, aliviando molestias e mantendo o benestar físico e emocional, tanto durante como despois do embarazo.
As embarazadas poden comezar a partir da semana 16, no posparto a partir da semana 6.
Máximo 8 alumnas
55 min de clase, 2 veces á semana
Prezo: 75€/mes
Pilates senior
Enfoque suave e funcional pensado para persoas maiores, centrado en mellorar a mobilidade, o equilibrio e a autonomía, sempre respectando os ritmos e necesidades de cada corpo.
Máximo 10 alumnxs
55 min de clase, 2 veces á semana
Prezo: 65€

HORARIOS
Horarios Pilates Grupal
Polas mañás:
- martes e xoves ás 10h
Polas tardes:
- Luns e mércores ás 19, 20 ou 21 horas
- Martes e xoves ás 18.30, 19.30 ou 20.30 horas.
Horarios Pilates Embarazo & Posparto
- Luns e mércores ás 18 horas
Horarios Pilates Senior
- Martes e xoves ás 11 horas
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES |
PILATES GRUPAL 10.00-10.55 | PILATES GRUPAL 10.00-10.55 | ||
SENIOR 11.00-11.55 | SENIOR 11.00-11.55 | ||
EMBARAZO & POSPARTO 18.00-18.55 | EMBARAZO & POSPARTO 18.00-18.55 | ||
PILATES GRUPAL 19.00-19.55 | PILATES GRUPAL 18.30-19.25 | PILATES GRUPAL 19.00-19.55 | PILATES GRUPAL 18.30-19.25 |
PILATES GRUPAL 20.00-20.55 | PILATES GRUPAL 19.30-20.25 | PILATES GRUPAL 20.00-20.55 | PILATES GRUPAL 19.30-20.25 |
PILATES GRUPAL 21.00-21.55 | PILATES GRUPAL 20.30-21.25 | PILATES GRUPAL 21.00-21.55 | PILATES GRUPAL 20.30-21.25 |
A Metodoloxía
O Pilates é unha disciplina física e mental que se centra en traballar os músculos posturais máis internos. Cun especial fincapé na respiración e no aliñamento, logramos reeducar o noso corpo, fancéndoo cada vez máis equilibrado, forte e flexible. A metodoloxía axúdache a estilizar a figura e a mellorar a postura corporal, ademais de liberar estrés e tensión.
Indicado para persoas de calquera idade e condición física, o Pilates abordámolo de forma lenta e moi controlada, polo que os resultados se manteñen no tempo. A disciplina está especialmente recomendada para persoas que sofren dor de costas.
En Pilates Iria Rey baseámonos na metodoloxía de Body Control Pilates que é a maior organización profesional de Pilates en Europa ademais dun referente mundial en calidade de ensino. Co propósito de crear unha conciencia total do corpo, cada exercicio está construído ao redor destes oito principios básicos:
- Relaxación
- Coordinación
- Aliñamento
- Estamina
- Concentración
- Control
- Respiración
- Fluidez de movemento
Equipamento nas aulas

Nas nosas aulas dispoñemos de todo o material necesario para que poidas practicar Pilates con seguridade e comodidade: colchonetas, coxíns, bloques, mantas e outros accesorios que nos axudan a adaptar os exercicios ás necesidades de cada persoa.
Ademais, traballamos con diferentes pezas de equipamento específicas que permiten ampliar e profundar na práctica. A continuación, presentamos as oito que temos actualmente no centro:

Spine corrector
Este aparello foi deseñado por Joseph Pilates co obxectivo de mellorar a mobilidade da columna, abrir o peito e fortalecer o centro (core). É ideal para traballar a flexibilidade, a aliñación postural e aliviar tensións na zona alta das costas e nos ombreiros.
Pelotas do Método Franklin
Estas pelotas de textura suave e flexible utilízanse para mellorar a propriocepción, estimular o sistema nervioso e liberar tensión muscular, especialmente en zonas como a pelve, a columna ou a planta dos pés.


Banda elástica
A utilizamos para traballar a forza, a resistencia e o control do movemento. Permite adaptar a intensidade dos exercicios, axudando ou engadindo desafío segundo as necesidades de cada persoa. Tamén é útil para mellorar a mobilidade e favorecer a conexión co centro do corpo.
Aro máxico
O aro máxico empregámolo para fortalecer brazos, pernas e o centro do corpo. Engade resistencia aos exercicios e axuda a tomar conciencia do aliñamento corporal. É unha ferramenta clásica do método Pilates, moi útil para mellorar o ton muscular sen cargar articulacións.


Fitball
A pelota grande ou Fitball favorece o traballo de equilibrio, estabilidade e control postural. Grazas á súa superficie inestable, obríganos a activar o centro constantemente e a mellorar a coordinación en movementos amplos e fluídos.
Foam Roller
O Foam Roller é un rulo de espuma que se emprega tanto para liberar tensións como para desafiar a estabilidade. Axuda a mellorar a mobilidade da columna, a propiocepción e a liberación miofascial, ofrecendo sensacións distintas segundo o seu uso.


Mancuernas
As pesiñas permítennos introducir traballo de forza controlada nos exercicios de Pilates. Axudan a reforzar a parte superior do corpo, mellorar a coordinación e integrar o uso dos brazos sen perder a conexión co centro.
Softball
A pelota pequena ou Softball utilízase para activar a musculatura profunda, mellorar a estabilidade e axudar na corrección postural. É unha ferramenta moi útil para explorar a conexión co centro e traballar o control do movemento de forma suave e efectiva.
