Política de privacidade e cookies

  1. Información xeral

Este sitio web, https://pilatesiriarey.com, é titularidade de Iria Rey Viqueira, responsable do tratamento dos datos persoais que se poidan recoller a través do mesmo.

Se tes calquera dúbida ou desexas exercer os teus dereitos en materia de protección de datos, podes contactar a través do correo electrónico: info@pilatesiriarey.com


  1. Política de privacidade

Recollida e uso de datos

Este sitio web non recolle datos persoais mediante formularios propios integrados na páxina. Porén, existen varias vías polas que se poden recoller datos persoais:

Contacto por correo electrónico ou teléfono: A través do enderezo info@pilatesiriarey.com ou do número de teléfono facilitado na web, as persoas usuarias poden contactar voluntariamente con Iria Rey Viqueira. Neste caso, os datos proporcionados (como nome, correo electrónico, número de teléfono ou calquera outra información incluída na comunicación) serán tratados unicamente para dar resposta á consulta realizada ou para xestionar os servizos solicitados.

Formulario externo de Google Forms: Facilítase tamén o acceso a un formulario externo (Google Forms) para a xestión de inscricións. Os datos introducidos neste formulario serán tratados por Iria Rey Viqueira coa finalidade de xestionar as inscricións, comunicacións e outras accións relacionadas cos servizos ofrecidos.
Lémbrase ás persoas usuarias que, ao usar este formulario, os datos alóxanse nos servidores de Google e poden estar suxeitos ás súas políticas e medidas de seguridade: https://policies.google.com/privacy

En todos os casos, os datos serán tratados de forma confidencial e non se cederán a terceiros, agás obriga legal.

Conservación dos datos

Os datos conservaranse unicamente durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que foron recollidos.

Dereitos das persoas usuarias

Calquera persoa pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación ou oposición ao tratamento dos seus datos enviando unha solicitude a: info@pilatesiriarey.com


  1. Política de cookies

Que son as cookies?

As cookies son ficheiros pequenos que se gardan no navegador da persoa usuaria ao visitar unha páxina web. Permiten almacenar información técnica ou sobre hábitos de navegación.

Cookies utilizadas neste sitio

Este sitio web pode empregar:

Cookies técnicas: necesarias para o funcionamento básico da web.

Cookies de terceiros: asociadas a servizos externos como Instagram, Facebook ou YouTube, que poden instalar cookies ao interactuar cos seus contidos ou ligazóns.

Este sitio non emprega cookies propias de análise ou publicidade.

Como xestionar as cookies

A persoa usuaria pode configurar o seu navegador para bloquear ou eliminar cookies en calquera momento. Cada navegador dispón das súas propias opcións de configuración:

Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95647?hl=gl

Firefox: https://support.mozilla.org/gl/kb/eliminacion-de-cookies

Safari: https://support.apple.com/ga-es/guide/safari/sfri11471/mac


  1. Modificacións desta política

A responsable da web resérvase o dereito de modificar esta política en calquera momento para adaptala a posibles cambios legais ou técnicos. Recoméndase revisar esta páxina periodicamente.

Última actualización: xullo 2025