As clases

Escolle a clase que mellor se adapta a ti

Descobre os meus servizos personalizados de Pilates diseñados para coidar de ti, con atención cercana e resultados efectivos.

Clases grupais

Sesións en grupos reducidos onde se traballa de forma segura e controlada. Ideal para mellorar a forza, flexibilidade e postura nun ambiente dinámico e motivador.

Máximo 12 alumnxs 

55 min de clase, 2 veces á semana

Prezo: 62€/mes

Opción de facer clases soltas: 1 clase 15€, bono de 5 clases 60€ (sempre suxeito a dispoñibilidade de prazas)

Clases privadas ou Pilates dúo

Un acompañamento totalmente individualizado, adaptado ás túas necesidades, obxectivos ou condicións específicas (escoliose, diástase abdominal…). Perfectas para comezar, recuperar lesións ou profundizar na técnica.

55 min de clase

1 ou 2 alumnxs

Horario a acordar entre alumnx e profesora

PrezosClases privadasPilates dúo (prezo por persona)
1 clase40€23€
3 clases115€65€
6 clases210€120€
Roll back co Spine Corrector

Pilates embarazo e posparto

Clases deseñadas para acompañar cada etapa da maternidade, fortalecendo o chan pélvico, aliviando molestias e mantendo o benestar físico e emocional, tanto durante como despois do embarazo.

As embarazadas poden comezar a partir da semana 16, no posparto a partir da semana 6.

Máximo 8 alumnas 

55 min de clase, 2 veces á semana

Prezo: 75€/mes

Pilates senior

Enfoque suave e funcional pensado para persoas maiores, centrado en mellorar a mobilidade, o equilibrio e a autonomía, sempre respectando os ritmos e necesidades de cada corpo.

Máximo 10 alumnxs

55 min de clase, 2 veces á semana

Prezo: 65€

HORARIOS

Horarios Pilates Grupal

Polas mañás:

  • martes e xoves ás 10h

Polas tardes:

  • Luns e mércores ás 19, 20 ou 21 horas
  • Martes e xoves ás 18.30, 19.30 ou 20.30 horas.
Horarios Pilates Embarazo & Posparto
  • Luns e mércores ás 18 horas
Horarios Pilates Senior
  • Martes e xoves ás 11 horas

A Metodoloxía

O Pilates é unha disciplina física e mental que se centra en traballar os músculos posturais máis internos. Cun especial fincapé na respiración e no aliñamento, logramos reeducar o noso corpo, fancéndoo cada vez máis equilibrado, forte e flexible. A metodoloxía axúdache a estilizar a figura e a mellorar a postura corporal, ademais de liberar estrés e tensión.

Indicado para persoas de calquera idade e condición física, o Pilates abordámolo de forma lenta e moi controlada, polo que os resultados se manteñen no tempo. A disciplina está especialmente recomendada para persoas que sofren dor de costas.

En Pilates Iria Rey baseámonos na metodoloxía de Body Control Pilates que é a maior organización profesional de Pilates en Europa ademais dun referente mundial en calidade de ensino. Co propósito de crear unha conciencia total do corpo, cada exercicio está construído ao redor destes oito principios básicos:

  • Relaxación
  • Coordinación
  • Aliñamento
  • Estamina
  • Concentración
  • Control
  • Respiración
  • Fluidez de movemento

Equipamento nas aulas

Nas nosas aulas dispoñemos de todo o material necesario para que poidas practicar Pilates con seguridade e comodidade: colchonetas, coxíns, bloques, mantas e outros accesorios que nos axudan a adaptar os exercicios ás necesidades de cada persoa.

Ademais, traballamos con diferentes pezas de equipamento específicas que permiten ampliar e profundar na práctica. A continuación, presentamos as oito que temos actualmente no centro:

Roll back co Spine Corrector

Spine corrector

Este aparello foi deseñado por Joseph Pilates co obxectivo de mellorar a mobilidade da columna, abrir o peito e fortalecer o centro (core). É ideal para traballar a flexibilidade, a aliñación postural e aliviar tensións na zona alta das costas e nos ombreiros.

Pelotas do Método Franklin

Estas pelotas de textura suave e flexible utilízanse para mellorar a propriocepción, estimular o sistema nervioso e liberar tensión muscular, especialmente en zonas como a pelve, a columna ou a planta dos pés.

Pelotas do Método Franklin
Roll down ca banda elástica

Banda elástica

A utilizamos para traballar a forza, a resistencia e o control do movemento. Permite adaptar a intensidade dos exercicios, axudando ou engadindo desafío segundo as necesidades de cada persoa. Tamén é útil para mellorar a mobilidade e favorecer a conexión co centro do corpo.

Aro máxico

O aro máxico empregámolo para fortalecer brazos, pernas e o centro do corpo. Engade resistencia aos exercicios e axuda a tomar conciencia do aliñamento corporal. É unha ferramenta clásica do método Pilates, moi útil para mellorar o ton muscular sen cargar articulacións.

Magic Ring
Short Spine: prep ca Fitball

Fitball

A pelota grande ou Fitball favorece o traballo de equilibrio, estabilidade e control postural. Grazas á súa superficie inestable, obríganos a activar o centro constantemente e a mellorar a coordinación en movementos amplos e fluídos.

Foam Roller

O Foam Roller é un rulo de espuma que se emprega tanto para liberar tensións como para desafiar a estabilidade. Axuda a mellorar a mobilidade da columna, a propiocepción e a liberación miofascial, ofrecendo sensacións distintas segundo o seu uso.

Pilates co Foam Roller
Mancuernas

Mancuernas

As pesiñas permítennos introducir traballo de forza controlada nos exercicios de Pilates. Axudan a reforzar a parte superior do corpo, mellorar a coordinación e integrar o uso dos brazos sen perder a conexión co centro.

Softball

A pelota pequena ou Softball utilízase para activar a musculatura profunda, mellorar a estabilidade e axudar na corrección postural. É unha ferramenta moi útil para explorar a conexión co centro e traballar o control do movemento de forma suave e efectiva.

Pilates ca softball