Sobre Min
Coñece á instrutora que fai deste estudio un espazo único

Iria Rey Viqueira
“Profesora altamente cualificada e con máis de 15 anos de experiencia docente“
Directora do centro
Son Iria, instrutora de Pilates e profesora de ballet clásico titulada pola Royal Academy of Dance.
Aos 13 anos comecei a traballar co meu corpo a través do ballet, e no camiño descubrín o Pilates como ferramenta para mellorar as miñas condicións como bailarina. Namoreime da disciplina: mellorou a miña postura, aprendín a activar músculos cos que non lograba conectar e fun corrixindo desequilibrios.
Tanto me apaixonou que decidín formarme como instrutora, completando a certificación da Federación Española de Pilates no 2010.
No 2012, tras rematar os meus estudos como profesora de ballet, mudeime a Londres e descubrín que esa titulación non era válida alí. O que parecía un contratempo foi en realidade unha sorte: obrigoume a certificarme en Body Control Pilates, unha das escolas de referencia mundial. Ata ese momento xa levaba anos estudando o corpo e o movemento, pero foi grazas a Body Control que todo o coñecemento previo cobrou sentido. A metodoloxía, a forma de entender o funcionamento do corpo e de ensinar Pilates ordenáronse na miña cabeza, como se todas as pezas encaixasen.
En 2014 decidín volver á terriña e asumín a dirección da Escola Perla de Arousa, na que estiven once anos combinando a docencia de ballet clásico e Pilates. Foron anos cheos de aprendizaxe, experiencias e moita dedicación.
Hoxe, no 2025, sentín que era o momento de dar un paso máis: comezar co meu propio proxecto, Pilates Iria Rey, e dedicarme en exclusiva ao Pilates, poñendo toda a miña enerxía nesta disciplina que tanto me apaixona.
✨ E aquí estou, cunha escola que nace da paixón, da experiencia e dunha aprendizaxe continua que me acompaña dende hai anos.
A continuación podes ver todas as miñas formacións específicas de Pilates:










